Saturday 04 de May de 2024

A alcaldesa recibiu hoxe no Concello a Javier María de Loresecha, comisario da Policía Nacional da Comisaría de Ferrol-Narón


A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu esta mañá no seu despacho xunto co edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, ao comisario da Policía Nacional da Comisaría de Ferrol-Narón, o compostelán Javier María de Loresecha. A rexedora local estivo tamén acompañada polo xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita.

A xuntanza mantida hoxe programouse como unha primeira toma de contacto entre Javier María de Loresecha e Oreona, edil que asume dende o pasado mes de xuño a área de Seguridade Cidadá e SPEIS, entre outras, dentro do goberno local.

Así mesmo, os participantes na convocatoria aproveitaron a ocasión para abordar algúns temas de actualidade relativos á área cidadá e tamén valorar a estreita colaboración entre os Corpos da Policía Nacional e Local nas súas funcións en defensa dos dereitos da cidadanía e a seguridade.